Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ferido grave nun atropelo intencionado na proba ciclista maratón dos Ancares

Un ferido grave nun atropelo intencionado na proba ciclista maratón dos Ancares

Un condutor fixo caso omiso ao alto dun traballador, que precisou o traslado en helicóptero ao Hospital de Lugo

Nesta edición dos Ancares Cycling Maratón participou o italiano Claudio Chiappucci, podium no Tour de Francia e no Giro de Italia nos 90, canda, entre outros, os trialetas Gómez Noya e Iván Raña

Helicóptero do 061 no HULA en Lugo
G24.gal 06/08/2023 18:29 Última actualización 06/08/2023 18:53

Unha persoa quedou ferida grave este domingo despois de sufrir un atropelo de xeito intencionado na proba ciclista Ancares Cycling Maraton.

Testemuñas do suceso indican que un membro da organización lle deu o alto a un turismo. O seu condutor non obedeceu as ordes e, tras parar nun primeiro momento, continuou a marcha, atropelando a vítima, que lle pediu que se detivese.

Tras o golpe caeu ao chan sobre o asfalto e golpeouse na cabeza. Precisou o traslado en helicóptero ao HULA.

A organización da carreira ciclista, a Ancares Ciclyng Maraton, explicou que os feitos sucederon nun punto de especial vixilancia e perfectamente sinalizado, no lugar de Catroventos. na estrada LU-P-1407 na parroquia de Mosteiro, en Cervantes. Malia que o condutor recibiu o aviso de non pasar, fixo caso omiso e atropelou ao encargado da seguridade nese lugar.

Outros compañeiros seus e efectivos de Protección Civil retiveron o condutor, que quería abandonar a zona, ata que chegaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Protección Civil de Cervantes avisou do que pasaba e de que o ferido precisaba atención urxente. O 112 mobilizou o helicóptero, o 061 e a Garda Civil, que investiga o que pasou.

A Ancares Cycling Marathon contaba este ano coa participación do italiano Claudio Chiappucci, podio no Tour e no Giro nos 90, e cos triatletas Gomez Noya e Iván Raña.

Imaxes da proba Ancares Cycling Marathon /Arquivo Imaxes da proba Ancares Cycling Marathon /Arquivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade