Cargando resultados...
Un ferido nun accidente múltiple provocado pola sarabia na autoestrada AP-9
Un ferido nun accidente múltiple provocado pola sarabia na autoestrada AP-9
O suceso ocorreu no km 114, á altura de Portas
G24.gal
01/05/2024 17:22
Última actualización 01/05/2024 21:34
Un furgón e seis turismos víronse implicados esta tarde nun accidente múltiple ocorrido na autoestrada AP-9.
O sinistro deixou un ferido, que tivo que ser trasladado ao hospital.
O accidente ocorreu no km 114, á altura do concello de Portas.
Crese que a causa do suceso foi unha forte sarabiada.
🔴 #AXEGAInforma dunha colisión múltiple, 6 turismos e un furgón.
— 112Galicia (@112Galicia) May 1, 2024
📍 AP-9, quilómetro 114, Portas
➡️Unha forte sarabiada caída sobre as 14:30 horas, puido ser a causa. Un ferido.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil de Tráfico e #ProtecciónCivil de Portas. pic.twitter.com/njwbenX0ud