Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un preso agride un funcionario da Lama durante unha liorta entre internos

Un preso agride un funcionario da Lama durante unha liorta entre internos

O traballador tivo que ser atendido no hospital por feridas no pescozo e diversas contusións

Oito internos permanecen illados acusados de alentar o incidente

G24.gal 11/11/2022 13:35

Un funcionario da prisión da Lama tivo que ser atendido no Hospital Quirón, de Pontevedra, tras a agresión dun interno que lle lanzou un café a cara, deulle patadas e apertoulle a gorxa. O traballador do cárcere xa foi dado de alta aínda que ten lesións no pescozo e nas extremidades que tardarán en curar.

Antes do incidente o mesmo preso pretendera lesionar cunha cadeira a outro. Foi nese momento cando os funcionarios interviñeron e se produciu unha liorta. Oito internos foron identificados e illados.

Non é a agresión máis grave deste ano, a principios de 2022 outro recluso pateou a varios funcionarios.

O novo sindicato Tu abandono me puede matar (TAMPM), considera que desde hai anos hai demasiados presos en módulos ordinarios que deberían estar en zonas de conflitivos e, sobre todo, que faltan funcionarios.

Na agresión deste xoves o módulo do suceso tivo que ser reforzado con funcionarios doutras zonas, polo que, aseguran, eses outros módulos quedaron mal cubertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade