Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gaseiro avariado agarda á entrada do porto da Coruña para poder ser remolcado

Un gaseiro avariado agarda á entrada do porto da Coruña para poder ser remolcado

O mercante, con bandeira de Malta, é visible desde o castelo de Santo Antón

Cunha avaría no temón, Capitanía Marítima decidiu por seguridade fondealo á entrada do porto á espera de que pase o temporal

O gaseiro B. Gas pódese ver desde terra na Coruña
G24.gal 08/01/2023 15:36 Última actualización 08/01/2023 16:08

O buque B. Gas Master, con bandeira de Malta, chegou durante madrugada do día de Reis á Coruña. A embarcación saíu do porto o xoves pasado, pero ás poucas horas tivo que regresar tras sufrir unha avaría, polo que foi remolcado ata o peirao de San Diego.

Ante as complicacións orixinadas polo temporal que afecta Galicia, Capitanía Marítima decidiu fondealo por razóns de seguridade. Considera que de mantelo amarrado durante o duro temporal podería sufrir danos.

A Autoridade Portuaria da Coruña explica que se trata dunha manobra que normalmente se realiza na ría de Ares, pero, ante a situación do buque, que segue avariado, decidiuse aproximalo á costa para poder remolcalo ata o peirao en canto melloren as condicións.

Agora a embarcación, que se pode ver desde o castelo de Santo Antón, agarda canda un remolcador a que amaine o temporal e melloren as circunstancias para poder entrar outra vez no porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade