Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gol de Diego Gómez confirma as tendencias no derbi do Couto (0-1)

Un gol de Diego Gómez confirma as tendencias no derbi do Couto (0-1)

O Arenteiro segue lanzado e xa é o segundo clasificado

O Ourense segue sen coñecer a vitoria na Primeira Federación

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 20/10/2024 21:50

O Arenteiro suma e segue. O equipo do Carballiño é o conxunto de moda na Primeira Federación, con cinco vitorias nos últimos seis partidos, e amosouno no derbi do Couto ante un Ourense C. F. que segue sen coñecer a vitoria e afunde na última praza con só tres puntos.

Malia ás diferenzas clasificatorias, foi un partido con alternativas, no que os das Burgas tiveron as súas opcións, sobre todo cunha clarísima ocasión na primeira metade. Unha contra na que Álex Gil quedou só despois dunha mala saída de Diego García, pero errou o remate.

O Arenteiro tamén tivo as súas ocasións: un remate de Mangel ao traveseiro e a de Diego Gómez, que acabou sendo o gol do partido, na última acción da primeira metade, a pase de David Ferreiro.

Na segunda metade o Ourense foise botando arriba para ter unha arreada final, en que puido empatar, especialmente cun remate de Álex Gil ao pau. Tamén pediron algún penalti os ourensáns, que acabaron cedendo a derrota no derbi e seguen no último posto con só tres puntos. A ledicia vive no Carballiño, onde o Arenteiro queda situado na segunda praza do grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos