Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gran Musa non chega para derrotar a Bilbao

Un gran Musa non chega para derrotar a Bilbao

O aleiro bosníaco anotou 25 puntos pero estivo demasiado só en ataque

O Breogán mandaba no terceiro cuarto, pero un parcial de 10-0 puxo o partido costa arriba

G24.gal 16/12/2021 21:53

O Breogán non puido traer o triunfo da pista de Bilbao Básket. Dzanan Musa volveu estar imperial, con 25 puntos e 8 rebotes, pero quedou demasiado só na tarefa ofensiva. 

O partido comezou do mellor xeito para os lucenses. Cun gran acerto en ataque acadaron unha máxima vantaxe de nove puntos (9-18). Reaccionou Bilbao que no primeiro cuarto perdía 17-22. No segundo cuarto chegou o primeiro momento crítico breoganista. Foron máis de seis minutos sen anotar para que os locais collesen o mando do partido (28-22). Apareceu Musa para manter ao Breogán no partido e deixalo apertado no descanso cun 34-32. 

Un parcial de 3-8 no inicio do terceiro cuarto permitiu que o Breo volvese coller a vantaxe (37-40), a última do partido. Deseguido Bilbao púxose en zona e conseguiu outro parcial demoledor de 10-0 para coller unha vantaxe que non soltaría. No último cuarto chegou a ter +16 (70-54) que recurtou o Breogán pero sen opcións de levar o partido (83-75 final). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade