Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de Bóveda fai o Camiño dende Vigo en bicicletas adaptadas

Un grupo de Bóveda fai o Camiño dende Vigo en bicicletas adaptadas

O proxecto Discamino axuda a persoas con diversidade funcional a chegar a Santiago

O grupo posa na praza do Obradoiro
G24.gal 16/10/2022 19:39 Última actualización 16/10/2022 20:28

Un grupo de usuarios e usuarias do Centro para Persoas con Discapacidade Física da localidade luguesa de Bóveda chegou este domingo á praza do Obradoiro. 

Despois de máis de oitenta quilómetros, que completaron en bicicletas adaptadas, conseguiron alcanzar o seu obxectivo.

O venres saíron de Vigo e pedalearon ata Pontevedra. Na segunda etapa chegaron a Valga e na terceira e última remataron en Compostela.

A peregrinación enmárcase no proxecto Discamino, que promove un Camiño de Santiago inclusivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade