Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de galegos do Imserso estivo todo o día na Lavacolla pola avaría dun avión

Un grupo de galegos do Imserso estivo todo o día na Lavacolla pola avaría dun avión

Quéixanse da escasa información que recibiron durante toda a xornada

O avión da aeroliña AlbaStar tiña que engalar cara a Alcante contra as 12:30 da mañá 

G24.gal 20/02/2024 20:52 Última actualización 20/02/2024 21:49

Ducias de galegos que partían este martes de vacacións co Imserso levan todo o día tirados no aeroporto da Lavacolla. O avión da aeroliña AlbaStar tiña que engalar cara a Alcante ás 12:30 da mañá, pero unha avaría da aeronave deixounos en terra ata agora.

Quéixanse da escasa información que recibiron durante toda a xornada e de que algúns pasaxeiros teñen a medicación nas maletas xa facturadas desde hai horas.

Tamén deixaron ver o seu malestar polo escaso vale de 30 euros que lles facilitaron para trocar por dúas comidas, o xantar e a cea, no aeroporto compostelán.

Finalmente saíron contra as nove e media da noite cara ao seu destino no Mediterráneo nun avión que chegaba de Alacante a esa hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade