Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home acoitela varias persoas nunha estación de tren de París

Un home acoitela varias persoas nunha estación de tren de París

Por motivos descoñecidos o agresor arremeteu contra varios viaxeiros no interior da estación

Hai polo menos cinco feridos

G24.gal 11/01/2023 08:48 Última actualización 11/01/2023 10:57

Un home atacou e feriu varias persoas cun coitelo na Estación Norte de París á primeira hora da mañá deste mércores. Segundo informou o Ministerio do Interior, o agresor xa foi detido.

Gèrald Darmanin explicou na súa conta de Twitter: "Un individuo feriu varias persoas esta mañá na Estación do Norte. Foi rapidamente neutralizado. Grazas ás forzas da orde pola súa reacción eficaz e valente".

Por motivos descoñecidos, o agresor arremeteu contra varios viaxeiros no interior da estación e foi un axente quen o neutralizou disparándolle.

O home que esta mañá atacou cunha arma branca a viaxeiros da estación do Norte de París e feriu a seis antes de ser reducido a tiros pola policía atópase entre a vida e a morte, explicou o ministro francés de Interior, Gérald Darmanin.

Nunha comparecencia ante a prensa na mesma Estación do Norte en presenza entre outros da alcaldesa de París, Anne Hidalgo, Darmanin sinalou que as forzas da orde traballan para saber quen é o agresor, debido a que non levaba papeis de identidade encima.

Sobre as posibles motivacións do seu ataque, despois de que circulasen rumores sobre os berros que supostamente deu mentres levaba a cabo a agresión, o ministro dixo: "Que eu saiba, non dixo nada". A Fiscalía Antiterrorista non se ocupa do caso, polo menos polo momento, o que dá unha idea dos elementos dos que dispoñen os investigadores sobre a caracterización dos feitos.

Segundo o relato de Darmanin, o ataque comezou ás 6:42 hora local cando o home agrediu a varias persoas na estación e un minuto máis tarde xa fora "neutralizado" polas forzas da orde.

Axentes que non estaban en servizo e outros policías que si estaban en misión disparáronlle tres veces e logo foi evacuado a un hospital. Seis persoas foron feridas polo agresor, unha delas de gravidade aínda que a súa vida non corre perigo. Entre elas hai un policía. O ministro fixo fincapé en que "sen a intervención extremadamente rápida da policía, habería vítimas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade