Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home armado mata dúas persoas e logo suicídase na cidade alemá de Albstadt

Un home armado mata dúas persoas e logo suicídase na cidade alemá de Albstadt

Segundo as primeiras pescudas, o tiroteo produciuse durante unha discusión familiar

G24.gal 14/07/2024 19:42

Unha discusión familiar podería ser a causa do tiroteo rexistrado este domingo na cidade alemá de Albstadt. Un home armado, que acabou suicidándose, matou dúas persoas e deixou outras dúas feridas de gravidade.

O atacante é un home de idade avanzada, segundo informan medios locais, e as vítimas son membros da súa familia.

O tiroteo produciuse nun chalé situado nunha zona residencial. As primeiras pescudas policiais indican que o agresor, que era un cazador experto, abriu fogo contra a parentela no medio dunha lea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade