Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home por asasinar a súa muller en Sevilla cunha arma branca

Detido un home por asasinar a súa muller en Sevilla cunha arma branca

Foi un fillo do suposto agresor e da vítima quen deu aviso do ocorrido aos servizos de emerxencia

O home, tras cometer o crime, autolesionouse e permanece ingresado nun hospital baixo custodia policial

Investigan un caso de violencia machista en Sevilla (Rocío Pérez-Europapress) Investigan un caso de violencia machista en Sevilla (Rocío Pérez-Europapress)
G24.gal 28/08/2024 12:00

Un home de 58 anos foi detido este mércores en Sevilla por matar á súa muller, tamén de 58 anos, cunha arma branca en Sevilla capital, un crime que a Policía Nacional investiga como un posible caso de violencia machista.

Fontes próximas á investigación informaron de que os feitos tiveron lugar minutos antes das 10 da mañá unha persoa alertara o servizo de emerxencias 112 de Andalucía de que seu pai o telefonara para comunicarlle que "matara" a súa nai.

Segundo as fontes, o agresor utilizaría unha arma branca para atacar a muller e despois tentaría autolesionarse, polo que foi trasladado ata un hospital onde permanece arrestado baixo custodia policial. 

A vítima deste crime tiña dous fillos maiores de idade e non constan denuncias previas por violencia de xénero no sistema VioGén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade