Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home atraca cun coitelo unha farmacia de Ourense e leva 400 euros

Un home atraca cun coitelo unha farmacia de Ourense e leva 400 euros

A empregada do establecemento tivo que precisar asistencia médica por un corte nun dedo

G24.gal 31/01/2022 16:14

En Ourense a policía anda á procura dun home que atracou coitelo en man unha farmacia na cidade. Aconteceu á última hora de onte na rúa Marcelo Macías.

O atracador ameazou a empregada cunha arma branca e fíxose con máis de 400 euros que había na caixa rexistradora. Fuxiu a pé. A muller precisou asistencia médica por un corte nun dedo, segundo a Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade