Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home atraca unha farmacia en Moaña cunha arma de fogo

Un home atraca unha farmacia en Moaña cunha arma de fogo

O atracador, que ía coa cara tapada, ameazou a empregada da botica, a quen deixou encerrada nun curto do establecemento, e fuxiu co diñeiro da caixa

G24.gal 18/09/2024 12:31 Última actualización 18/09/2024 13:42

Un home atracou na noite deste pasado martes pistola en man unha farmacia situada en Moaña. Tal como informan fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron pasados 15 minutos das 21:00 horas, cando se recibiu a alerta de que unha farmacia fora atracada.

O home, que posuía unha arma de fogo corta que por agora non se sabe se era real ou simulada, ameazou á empregada e levou o diñeiro da caixa. Para cometer o delito, o home ía coa cara tapada e encerrou á muller nunha habitación do establecemento.

A Garda Civil investiga o sucedido, aínda que polo momento descoñece como fuxiu do lugar o delincuente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade