Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home encapuchado, pistola en man, atraca unha sucursal bancaria en Cambados

Un home encapuchado, pistola en man, atraca unha sucursal bancaria en Cambados

O asaltante abordou un empregado cando ía abrir e levou os cartos da caixa forte. Segundo apuntan algunhas fontes, trátase dunha cantidade importante.

G24.gal 12/02/2024 11:16 Última actualización 12/02/2024 14:46

Un home encapuchado atracou este luns unha sucursal de Abanca en Cambados e fuxiu co diñeiro da caixa forte.

Segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron ás 07:45 horas, cando o empregado chegou á sucursal, situada en Corbillón.

Nese momento, o atracador abordou o empregado cunha pistola que, polo momento, descoñécese se era simulada ou real e obrigouno a darlle o diñeiro do caixeiro e da caixa forte.

Ao entrar no banco, o atracador reclamoulle ao empregado que lle dese todo o diñeiro que había na caixa, que segundo estas mesmas fontes, era considerable -sen precisar a cantidade-.

Tras facerse co botín, o home atou ao traballador con bridas e cinta americana e fuxiu.

O traballador, tras afrouxar as súas ataduras, logrou activar o aviso á central de alarmas. Non presentaba danos físicos, pero houbo que atendelo debido o seu estado de nerviosismo.

A oficina de Corvillón só abre os luns pola mañá, así que os veciños cren que o asaltante tiña ben pensado o golpe. "Só abren os luns -explica o veciño que vive xusto enriba da sucursal- así que xa debían estar esperando por el". 

A Garda Civil despregou un dispositivo de busca para dar co atracador

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade