Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home falece en Navia de Suarna ao envorcarlle o tractor monte abaixo

Un home falece en Navia de Suarna ao envorcarlle o tractor monte abaixo

O condutor estaba tentando de estacionalo no garaxe cando perdeu o control

G24.gal 13/12/2022 18:05 Última actualización 14/12/2022 14:06

Un home falece no municipio lucense de Navia de Suarna despois de desprazárselle o tractor que manexaba monte abaixo cando trataba de estacionalo no seu garaxe.  Sucedeu en Vilameixide, na parroquia de Freixís, moi preto da vivenda da vítima do sinistro.

Os feitos aconteceron pasadas as catro e media da tarde cando un particular alertou os servizos de emerxencia do accidente. A persoa indicou que o tractor se desprazara monte abaixo cando o home trataba de estacionalo no garaxe. 

Cando o sexaxenario estaba a dar marcha atrás, perdeu o control do vehículo e caeu dende unha altura de máis de 30 metros. Unha vez avisado o 112, os servizos de emerxencias que acudiron ao lugar non puideron facer nada para salvarlle a vida.

"O tractor íase meter no garaxe, pero foi marcha atrás e botouse fóra por un terraplén uns 30 ou 40 metros. Bateu en varias rocas e baixou ao fondo do barranco. O señor quedou alí e non houbo que facerlle", explica José Villagarcía, traballador do Concello de Navia de Suarna.

A vítima do accidente era un tractorista experimentado. De feito, levaba toda a vida manexando maquinaria agrícola, polo que ninguén se explica que puido acontecer. "Eu coñecino toda a vida con vacas, e tiña antes un tractor máis antigo ca este, que era máis grande e que comprara había cinco ou seis anos. Era un home totalmente experimentado", di José.

O suceso causou unha gran conmoción entre os veciños da parroquia de Freixís e de todo o concello de Navia de Suarna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade