Un rapaz de 20 anos falece tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón
Un rapaz de 20 anos falece tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón
Un particular que se atopaba no lugar chamou ao 112 Galicia para dar conta do accidente
Os servizos sanitarios tentaron reanimalo sen éxito
Un mozo de 20 faleceu tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón. Malia os esforzos por reanimalo, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento do accidentado.
Eran as seis da tarde cando un particular que se atopaba no lugar chamou ao 112 Galicia. Na súa comunicación, indicou un home acaba de caer nunha das pozas das fervenzas de Tourón nunha zona de difícil acceso.
Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón.
Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
A orografía do terreo complicou o rescate do corpo. Había tempo que non se rexistraba un accidente mortal, pero en pouco máis de dúas décadas perderon a vida nesta zona media ducia de persoas. Os efectivos de emerxencia lembran a importancia de extremar a precaución. Tras localizalo, os servizos de emerxencias trataron de reanimalo sen éxito.
A vítima fora canteirán do Club Deportivo Arenteiro e xogaba agora nun equipo filial. A conmoción esténdese toda a vila do Carballiño, de onde era veciño.