Un home mata presuntamente a filla de 3 anos e logo suicídase en Madrid
Un home mata presuntamente a filla de 3 anos e logo suicídase en Madrid
A nai da pequena foi quen alertou no serán, ao non lograr contactar co home
O presunto parricida era de nacionalidade francesa
A Policía Nacional investiga en Madrid a morte dunha nena de 3 anos, presuntamente asasinada polo seu pai, que, segundo parece, se suicidou posteriormente. Todo ocorreu no seu domicilio do barrio de Lavapiés.
"Cando chegamos ao lugar comprobamos q dentro do piso hai 2 falecidos, un varón de 47 anos e unha nena de 3 e sen posibilidade de reanimación. No lugar hai tamén dúas mulleres cunha crise de ansiedade e que poderían ser familiares das vítimas", relata un voceiro do 112 en Madrid.
A nai deu a alerta ás nove da noite do xoves ao non lograr contactar co home, un cidadán francés de 47 anos. En chegando a policía á vivenda encontraron os cadáveres. A parella estaba separada.
A nai e maila avoa da nena cumpriron asistencia psicolóxica.
Con esta nena ascende a sete o número de menores asasinados este ano por violencia vicaria, 44 en total desde 2013 cando se comezou o rexistro. Outros 28 menores quedaron orfos por crimes machistas durante 2021.