Un home mata a súa nai e seu pai enfermos e suicídase en Barcelona
O cadáver da nai foi localizado nunha vivenda da capital catalá, e o do pai e o fillo, noutra dun concello da área metropolitana
Un home matou supostamente a seu pai e a súa nai enfermos e despois suicidouse.
Os cadáveres foron localizados en dous domicilios distintos. Un deles en Barcelona o outro nun municipio próximo.
Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación por un presunto homicidio, tras atopar o cadáver da muller, con signos de violencia, nun domicilio do distrito barcelonés de Sant Martí.
Unha hora máis tarde localizaron noutra vivenda de Molins de Rei, localidade da área metropolitana, o cadáver do home, con signos de violencia, e do fillo de ambas as vítimas, que supostamente se suicidou tras matar os dous proxenitores.
Todo apunta a que o fillo, que sufría un trastorno mental, matou aos seus pais ao sufrir un episodio de bloqueo ante a delicada situación médica de ambos, xa de idade avanzada.
A División de Investigación Criminal dos Mossos d'Esquadra asumiu a investigación do dobre crime, que dirixe o xulgado de instrución número 30 de Barcelona.
A xuíza instrutora decretou o secreto de sumario en relación co caso.