Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home queda ferido grave na Coruña tras recibir unha patada na cabeza

Un home queda ferido grave na Coruña tras recibir unha patada na cabeza

A Policía Nacional investiga o suceso

G24.gal 04/07/2024 10:42

A Policía Nacional investiga na Coruña a agresión sufrida por un home ás portas dun restaurante de comida rápida no Cantón Pequeno.

Segundo parece, o home estaba increpando a xente que entraba e saía do local e nese momento produciuse a lea en que recibiu a patada.

Unha ambulancia trasladouno ata o Complexo Hospitalario da Coruña, onde permanece ingresado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade