Un home quedou ferido tras recibir un couce dun cabalo na cabeza
Un home quedou ferido tras recibir un couce dun cabalo na cabeza
Os feitos aconteceron nun predio do lugar de Argote, no concello de Noia
Foi trasladado consciente nun vehículo medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Un home resultou ferido este sábado nun predio situada en Noia tras recibir un couce dun cabalo na cabeza. Os feitos aconteceron no lugar de Argote, na parroquia de Barro.
O fillo do ferido foi quen, sobre a unha da tarde, alertou os servizos de emerxencia. Relatou que seu pai estaba tendido no chan despois de recibir unha patada dun cabalo na cabeza.
Solicitáronse medios ao 112, pero ante a dificultade do vehículo do 061 para chegar ata o lugar exacto onde permanecía o ferido, pediuse a colaboración dos bombeiros de Boiro e do GES de Noia e efectivos de Protección Civil.
Finalmente o home foi trasladado consciente nun vehículo medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.