Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un impacto de orixe descoñecida provocou a morte de máis 100 estorniños en Ferrol

Un impacto de orixe descoñecida provocou a morte de máis 100 estorniños en Ferrol

As aves que caeron no barrio de Caranza por mor das hemorraxias internas, causadas polos politraumatismos sufridos despois dese golpe

G24.gal 16/12/2021 12:03

A Xunta de Galicia informou que a "causa da morte de máis de 120 estorniños pintos o pasado 26 de novembro en Ferrol" foi a existencia de "hemorraxias internas causadas polos politraumatismos sufridos por estas aves tras un impacto de orixe descoñecida". 

Así o asegurou o Goberno autonómico a partir da "información dispoñible e das probas practicadas". Segundo a Xunta, "observáronse lesións hemorráxicas na zona intratorácica, larinxe e rexión cranioencefálica, que afectan gravemente o corazón, o aparello respiratorio e o encéfalo e son causa da morte".

A análise descarta a intoxicación ou a electrocución, porque deberían aparecer edemas e necrose por queimadura en puntos de entrada e saída de corrente eléctrica, ademais de marcas por queimadura en plumas próximas, sinais que non presentaban os exemplares".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade