Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio cun colector de mercadorías perigosas, nun simulacro no porto de Vigo

Un incendio cun colector de mercadorías perigosas, nun simulacro no porto de Vigo

Bombeiros e Garda Civil actúan para salvar vidas nun suposto accidente con produtos químicos

No simulacro participaron os bombeiros, a Garda Civil e a policía portuaria de Vigo No simulacro participaron os bombeiros, a Garda Civil e a policía portuaria de Vigo
G24.gal 24/05/2024 16:12

O porto de Vigo foi escenario dun simulacro de actuación nun accidente cun colector de mercadorías perigosas. Un cargamento dun produto químico incéndiase e provoca unha nube tóxica, o que pon en perigo a vida duns traballadores.

Rapidamente actúan os sanitarios, os bombeiros e os corpos de seguridade, como a Garda Civil e a policía portuaria. Poñen a salvo os feridos, sufocan o incendio e proceden á limpeza marítima e á instalación de barreiras. É un exercicio co que a Autoridade Portuaria pretende traballar na coordinación dos corpos implicados na resolución destes accidentes e poñer a proba o seu plan de autoprotección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade