Controlado o incendio forestal da Cañiza, tras queimar 32 hectáreas
Controlado o incendio forestal da Cañiza, tras queimar 32 hectáreas
Na súa extinción traballan 26 brigadas, 14 axentes, 23 motobombas, unha pa e un helicóptero
A Consellería do Medio Rural informou de que está controlado o incendio forestal que se iniciou esta noite na localidade pontevedresa da Cañiza, que afecta 32 hectáreas.
En concreto, o lume comezou pasadas as 22: 00 horas deste martes na parroquia de Parada das Achas. Por agora, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, 14 axentes, 26 brigadas, 23 motobombas, unha pa, un tractor e un helicóptero.
A Consellería lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectarse algún incendio forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria de que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.