Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un informe de Rede Eléctrica será clave para determinar o futuro da térmica da Pontes

Un informe de Rede Eléctrica será clave para determinar o futuro da térmica da Pontes

Representantes de Endesa e do Goberno mantiveron un encontro para analizar o futuro da planta

G24.gal 12/07/2022 20:11

Os distintos escenarios en relación ao futuro da central térmica das Pontes, incluído que se manteña operativa, parecen manterse abertos nun contexto marcado pola guerra de Ucraína e a posibilidade dun corte total da subministración de gas ruso.  

Fontes do Goberno consultadas por Europa Press indicaron que o Executivo traballa na elaboración do plan de contixencia que a Comisión Europea require aos estados membros para afrontar un posible corte total da subministración de gas ruso. Neste contexto, solicitou un informe específico a Rede Eléctrica, como operador do sistema eléctrico, que podería resultar determinante para o seu futuro.

Representantes de Endesa e do Ministerio para a Transición mantiveron este martes un encontro, do que non transcenderon conclusións pechadas. Tanto o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, como o vicepresidente económico, Francisco Conde, reiteraron a importancia de "manter operativa" a térmica para non fialo todo ao gas natural como enerxía de apoio  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade