Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un lugués, entre os feridos que seguen hospitalizados en Mallorca tras o accidente de bus

Un lugués, entre os feridos que seguen hospitalizados en Mallorca tras o accidente de bus

No accidente resultaron feridas 24 persoas, a vítima coas lesións máis graves é unha muller de Zaragoza

No autobús viaxaban 16 galegos, a maioría de Lugo, que viaxaron a illa para pasar nove dias de vacacións a través do Imserso

G24.gal 12/03/2024 14:35

Hoxe a maioría dos xubilados preferiu quedar no hotel. Seguen co susto no corpo, será difícil esquecer os momentos de angustia que viviron.

"Foi moi angustioso, a que estaba ao meu lado tiña dous troncos encima, sangue pola cara", explica unha das viaxeiras, outro di que o pasou "moi mal, con moita dor, a min leváronme a un hospital e a miña muller a outro" e unha muller que ía no lado dereito explica que o seu home "caeulle enriba" e que lle "tiveron que cortar o cinto cunha navalla".

Aínda non se explican que puido pasar para que o autobús saíra da vía e acabara envorcando. "Fomos como a cámara lenta caendo cara á dereita", conta unha viaxeira.

A maioría levaba o cinto posto e cren que iso os salvou. "Sen o cinto romperiamos os brazos e as pernas, e os que ía na parte dereita había unhas raíces fortes de árbores que foi o que os lesionou tras rebentar os cristais", explica un dos viaxeiros.

Un lugués é un dos cinco feridos que seguen hospitalizados. No accidente 24 viaxeiros resultaron feridos. A vítima coas lesións máis graves é unha muller de Zaragoza. 

"Rasquei o cóbado, teño un croque na cabeza, pero dando grazas", di unha das feridas. Outra conta: "Teño unha costela rota, moita dor pero puido ser peor". "A xente con máis problemas non deu nin un chío, estiveron tranquilos ata que os puidemos sacar".

No autobús viaxaban 16 galegos, 13 son lugueses e 3 da Coruña. Pertencen a un grupo de 80 persoas que viaxou a illa para pasar nove días de vacacións a través do Imserso. A volta téñena prevista para o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade