Un incendio calcina a casa dunha octoxenaria no Saviñao e deixa dous cans mortos
Un incendio calcina a casa dunha octoxenaria no Saviñao e deixa dous cans mortos
Por fortuna a muller saíra cando comezaron as lapas, que causaron a morte de dous cans
Un problema nunha estfufa de leña ou un curtocircuíto, posibles causas do suceso
Totalmente calcinada. Así quedou a vivenda dunha octoxenaria de Vilamor, no concello lugués do Saviñao, logo dun intenso incendio que provocou importantes estragos en boa parte deste inmoble de tres andares.
Por fortuna, a afectada saíra coa súa filla. Din os veciños que a rápida intervención dos bombeiros de Chantada evitou males maiores. O lume foi tan intenso que foi necesaria tamén a intervención dos bombeiros de Monforte para que trouxeran máis auga. Os veciños din que pasaron medo.
En canto ás causas do lume, non están de todo claras. Fálase dun problema nunha estufa de leña, pero tamén dun posible curtocircuíto. O 061 tivo que atender a octoxenaria, que estaba moi nerviosa por mor do sinistro.