Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mapa editado por Michelin faise eco da beleza de Mondoñedo

Un mapa editado por Michelin faise eco da beleza de Mondoñedo

Inclúe localidade mariñá entre as vilas máis fermosas de todo o ámbito estatal

Félix Aragunde 16/05/2024 20:43 Última actualización 16/05/2024 21:20

A súa catedral románica, que é Patrimonio da Humanidade, un centro histórico único ou a existencia de diversos museos, coma o diocesano, o das zocas ou o de Cunqueiro, contribúen á beleza de Mondoñedo.

Tanto é así, que agora a localidade figura no novo mapa Michelin que aglutina as vilas máis fermosas de todo o ámbito estatal. Ademais, existe unha edición en francés do mesmo mapa, onde a vila de Mondoñedo tamén está incluída.

Patricia Otero, concelleira de Turismo e do Camiño Norte de Mondoñedo: "Non estabamos metidas no mapa. E xa que Mondoñedo é unha das vilas máis bonitas de España, é unha sorte que nos incluíran. Isto vai favorecer que veña máis xente".

Este conxunto histórico-artístico xa fora integrado hai anos na listaxe denominada "As vilas máis bonitas de España", un fito que lle deu un certo pulo ao turismo na localidade mariñá.

Abel Vigo, arqueólogo municipal de Mondoñedo: "Nos últimos tempos hai unha tendencia alcista nas cifras de turismo, na demanda de visitas á cova do Rei Cintolo ou na demanda de información sobre o patrimonio histórico, que é un dos principais reclamos que temos".

Mondoñedo é unha vila cargada de historia. É sede episcopal da diocese mindoniense dende a Idade Media, cando mesmo chegou a ser capital do Reino de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade