Un morto e un ferido ao envorcar unha embarcación na Estaca de Bares
Un morto e un ferido ao envorcar unha embarcación na Estaca de Bares
As vítimas do sinistro son dous irmáns
Ambos foron trasladados ao hospital de Burela
O accidente ocorreu pouco antes das tres da tarde cando unha embarcación de recreo envorcou na Estaca de Bares. Estaba a só 50 metros da costa e un dos ocupantes puido pedir axuda.
No momento, deuse aviso a Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas, a Protección Civil e á Garda Civil, que se mobilizaron de inmediato.
Un pesqueiro que se atopaba na zona, o Siempre Cicles, rescatou a un dos afectados, que estaba sobre a quilla do barco, e trasladouno ao porto do Vicedo.
Pola súa banda, o outro tripulante foi evacuado polo helicóptero Pesca II e trasladado a Burela, onde recibiu asistencia sanitaria por un golpe na cabeza, aínda que, finalmente, acabou falecendo. A Salvamar Shaula remolcou a embarcación ata o porto.