Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un motorista busca o condutor que supostamente o alcanzou por detrás e fuxiu

Un motorista busca o condutor que supostamente o alcanzou por detrás e fuxiu

Pide que o seguro do condutor se faga cargo do accidente para que el poida arranxar a moto e custear un tratamento de rehabilitación

G24.gal 27/01/2022 13:51

Un motorista de Muíños busca a condutora que supostamente lle deu por detrás cun turismo na cidade de Ourense e fuxiu. Só pide que o seu seguro se faga cargo do accidente para que el poida arranxar a moto e custear un tratamento de rehabilitación para as lesións que sufriu.

Roberto Rodríguez saíu despedido da moto e impactou contra o asfalto, acabou no hospital con varias fracturas e segue con moitas dores. Pide á condutora que presuntamente provocou o accidente e que chegou a coller os seus datos que se poña en contacto con el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade