Cargando resultados...
Un motorista de Trazo falece nunha colisión múltiple en Navarra
Un motorista de Trazo falece nunha colisión múltiple en Navarra
A vítima tiña 34 anos
Foto da Policía Foral
G24.gal
07/06/2022 19:21
Un motorista veciño de Trazo de 34 anos faleceu este martes no municipio de Fontellas, en Navarra, nunha colisión múltiple entre un camión, un turismo e a moto, segundo informa a Policía Foral.
O accidente ocorreu contra as dúas da tarde na Autovía do Ebro, en sentido Logroño. No sinistro víronse implicados o motorista, un coche e mais un camión, e foi necesaria a presenza de bombeiros e ambulancias e mais de axentes da Policía Foral para regular o tráfico e facerse cargo do atestado.