Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mozo do Rosal de 25 anos falece tras colidir dúas motos na Guarda

Un mozo do Rosal de 25 anos falece tras colidir dúas motos na Guarda

Unha muller de 67 anos quedou ferida no accidente e foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 15/07/2023 14:01 Última actualización 15/07/2023 21:12

Pouco pasaba da unha da tarde cando varios particulares alertaron ao 112 dun sinistro. Dúas motos estaban sobre o asfalto.

O condutor dunha delas estaba localizado fóra da estrada, por tras do balado de formigón que separa o carril bici do monte, e a condutora da outra gravemente ferida sobre o asfalto. 

Ata o lugar, no punto quilométrico 43,8 da PO-552, a que une Baiona e A Guarda, chegaron tres ambulancias asistenciais, os axentes da Garda Civil e da Policía local da Guarda o equipo do GES deste municipio. 

Un varón, natural do Rosal, de 25 anos faleceu no acto e unha muller de 67 anos foi trasladada nunha UVI Móbil ao Álvaro Cunqueiro con feridas moi graves nunha perna.  

As causas do accidente están sendo investigadas. A moto que conducía o varón alcanzou a da muller que, presuntamente, xirara cara un vial secundario á esquerda. Os dous ían no mesmo sentido da vía, cara Baiona. 

Este mesmo xoves morreu unha muller en Coruxo, en Vigo, nunha colisión frontal entre a moto que conducía e un coche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade