Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un negocio familiar de biscoitos que leva funcionando dende 1740 en Samos

Un negocio familiar de biscoitos que leva funcionando dende 1740 en Samos

Fan pequenos doces con ovo, fariña e azucre en Samos

Non teñen nin web, nin redes sociais nin entrega a domicilio

G24.gal 01/04/2024 19:24 Última actualización 01/04/2024 20:51

Por vez primeira en 264 anos, en Casa Manxarín non están a elaborar os máis ca tradicionais biscoitos de Samos. Pero, tranquilidade, porque hai reservas suficientes e o problema é unha avaría no forno que se vai amañar esta semana. Foi en 1740 cando os antepasados de Manuel e María Teresa Teresa comezaron a vender este produto, tirado dunha receita dos monxes do mosteiro da vila.

Oriúndos da aldea de Manxar, diferentes xeracións da familia levan case tres séculos convertendo nestas delicadas pezas a mestura de ovos, fariña e azucre. Sen nada máis. De feito, ata hai poucos anos cocían o biscoito nunha cociña de ferro. Este é un dos poucos negocios que non teñen páxina web nin redes sociais e tampouco fan entregas a domicilio. E, con todo e iso, seguen tendo éxito.

A continuidade do negocio en mans da familia semella garantida, polo que peregrinos, visitantes e veciños seguirán desfrutando deste manxar. Ou Manxarín, mellor dito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar