Un novo accidente grave no corredor Brión-Noia deixa catro feridos
Un novo accidente grave no corredor Brión-Noia deixa catro feridos
Un helicóptero medicalizado trasladou ao hospital o ferido máis grave
Os outros tres lesionados foron levados en ambulancia
Dous dos implicados no sinistro tiveron que ser liberados polos bombeiros ao quedar atrapados
Un accidente no corredor Brión-Noia deixou este venres catro feridos. O sinistro produciuse contra ás 9:20 da mañá á altura do concello de Brión.
No sinistro víronse implicados tres vehículos. Unha persoa quedou atrapadas nun deles, que os bombeiros e o resto dos servizos de emerxencia trasladados a ese punto tiveron que liberar.
O servizo de urxencias 112 desprazou ata alí un helicóptero medicalizado que trasladou a ese ferido máis grave, mentres que os outros tres foron levados en ambulancia ao hospital.
Polo momento descoñécense as causas que provocaron o accidente. Sábese que un dos condutores implicados invadiu o carril contraio. Minutos antes de producirse caeu no lugar un forte trebón. O sinistro provocou importantes retencións nesta vía, que permaneceu cortada durante máis dunha hora.
Cinco feridos en tres accidentes máis
O inicio deste venres foi complicado nas estradas do país. Tres persoas máis quedaron feridas en Carral. Ocorreu contra ás 7:30 na estrada DP-2103, no cruce Tabeaio. Foi preciso a asistencia do 061 e de persoal de mantemento para limpar a vía.
En Gutín, pouco despois das oito da mañá, unha persoa quedaba feridada ao saír da vía co seu vehículo. Ocorreu na Estrada Nacional 540 que comunica Lugo con Ourense. O ferido foi trasladado en ambulancia ao hospital Lucus Augusti.
E pasadas as oito e media da mañá outro condutor quedou ferido, aparentemente sen gravidade, ao envorcar o seu vehículo nunha das rotondas de acceso a Lugo, na Nacional 640.