Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un novo mural "superavoas" do artista Yoseba MP loce xa en Santiago de Compostela

Un novo mural "superavoas" do artista Yoseba MP loce xa en Santiago de Compostela

A intervención do artista galego responde a unha encarga do Centro de Supercomputación de Galicia

24/10/2024 15:00

O terceiro mural de Joseba MP, o artista das "superavoas", na cidade de Santiago xa loce nunha parede do centro da capital. Todo un desafío que puxo en contacto ao pintor galego cos científicos do Centro de Supercomputación de Galicia. 

Foi un traballo que segundo o propio artista levoulle máis tempo do previsto debido ás condicións meteorolóxicas adversas, pero que, á vez, lle resultou moi gratificante e "divertido polos encontros cos científicos do Cesga e o intercambio de información ".

O mural alíase coa supercomputación cuántica e nel pódense ver referencias a formulacións matemáticas, ecuacións e chiscadelas ás teorías da computación cuántica. Un deses detalles é o gato de Schrödinger, ou a pandeireta dunha das superavoas que ten un esquema dunha circunferencia cuántica. 

Tanto o artista como o CESGA (Centro de Supercomputación Cuántica) acabaron moi contentos co resultado, un mural que poderá ver todo o mundo que pase pola rúa compostelá de Bernardo Barreiro de Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade