Un operativo contra o tráfico de heroína deixa unha ducia de detidos no Salnés
Un operativo contra o tráfico de heroína deixa unha ducia de detidos no Salnés
A policía realizou rexistros en domicilios e locais de Meis, Meaño, Barro, Sanxenxo e Ribadumia
A Policía Nacional iniciou a primeiras horas da mañá un grande operativo antidroga na comarca do Salnés, onde se produciron rexistros en domicilios e naves industriais de Ribadumia, Sanxenxo, Barro, Meaño e Meis.
A operación, liderada pola Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) de Pontevedra, deixa polo momento unha ducia de detidos supostamente relacionados co tráfico de heroína.
O operativo contra esta rede dáse por rematada nestes momentos. A organización podería ter ramificacións en Portugal.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preguntado polos detalles desta operación limitouse a confirmar que estaba en marcha e descartou facilitar máis datos.