Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ourensán percorreu África de norte a sur en bicicleta

Un ourensán percorreu África de norte a sur en bicicleta

Fixo máis de 12.000 quilómetros en bicicleta percorrendo o continente africano de norte a sur

Pasou por unha decena de países e di que o mellor é o acolledora que é a xente malia non teren nada

Conta que foi toda unha experiencia estar en contacto coa pobreza extrema e tamén unha aprendizaxe para volver á vida no primeiro mundo

Arturo Guede Seara ten 34 anos, é de Allariz e é fisioterapeuta en París
G24.gal 19/08/2023 21:41 Última actualización 19/08/2023 22:09

Un ourensán, Arturo Guede Seara, de 34 anos, vén de percorrer África de norte a Sur coa súa bicicleta, máis de 12.000 quilómetros ao longo de sete meses.

Na súa particular aventura pasou por unha decena de países, viu animais salvaxes, paisaxes incribles e tamén coñeceu a pobreza máis extrema. O mellor, di, foi a bondade e a alegría da xente. Agora acaba de volver a Allariz cos súa mochila persoal cargada de experiencias únicas.

Na súa resistente bicicleta de ferro percorreu máis de 12.000 quilómetros, tan só cunhas alforxas cargadas cunha tenda de campaña, algunhas mudas, comida e...

"E sempre moita auga, porque alí nunca sabes moi ben as distancias, entón tes que andar con coidado. Algunha vez levei algunha sorpresa e vas aprendendo".

"Gústame moito viaxar en bicicleta porque estás moi exposto ao medio, vas amodo e permíteche ver moito máis o medio en que estás, interactuar coa xente...".

"Vin elefantes encima da bicicleta, xirafas, tiven hienas arredor da miña tenda, vin gorilas, foi un espectáculo". 

Comezou a viaxe en xaneiro no Cairo, en Exipto, e sete meses despois chegou a Cidade do Cabo, a capital de Suráfrica. Polo camiño fixo amizades, descubriu lugares de beleza salvaxe, e do deserto á selva, tivo que ir improvisando día a día. Agora cunha morea de experiencias, acaba de chegar a Allariz onde vive a súa familia antes de volver a súa realidade como fisioterapeuta en Paris.

"Co bo que quedo sería que a xente é moi, moi acolledora, aínda que non teñen nada. A xente abríame as portas das súas casas, invitábame a comer, e iso para min foi algo que levarei comigo toda a vida e intentarei aplicalo". 

Ante a pobreza extrema que viu en países como Etiopía conta que o peor é quedar coa sensación de ser só un mero espectador e non poder axudar en algo. 

"Si que me dou conta de que volvo aquí é o que antes parecían problemas, non o son.
Alí daste de conta de que a xente realmente vive co xusto, e aínda por riba non se queixan a maioría das veces, sempre está cun sorriso, tirar cara adiante, moi resiliente". 

Seguro que pensará en África cando o metro chegue tarde... E tamén xa está argallando a súa próxima aventura: cruzar a remo o océano Atlántico.

Estivo sete meses viaxando na súa bibicleta por África
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade