Cargando resultados...
Un pesqueiro envorca nun varadoiro de Burela por segunda vez en tres anos
Un pesqueiro envorca nun varadoiro de Burela por segunda vez en tres anos
O Lumian caeu do mesmo costado nos estaleiros de Burela e da Coruña
Félix Aragunde
05/04/2022 14:01
Un barco caeu de lado nos estaleiros de Burela cando estaba a ser izado para pintarlle o casco. Comezou a escorar a babor ata que envorcou no varadoiro. Dáse a circunstancia de que este mesmo pesqueiro xa envorcara hai tres anos, do mesmo costado, nun varadoiro da Coruña.
O barco en cuestión é o Lumian, un volanteiro con matrícula francesa de 226 toneladas e 34 metros de eslora. Cando envorcara na Coruña, complicáranse tanto os traballos que tardaran cinco meses en poñelo dereito de novo.
Dende o estaleiro burelao en que se produciu o sinistro sinalan que van traballar día e noite na montaxe de varios guindastres co fin de adereitar o buque esta mesma semana.