Publicador de contidos
Publicador de contidos

Drons e intelixencia artificial para coñecer o estado das poboacións da mexilla

Drons e intelixencia artificial para coñecer o estado das poboacións da mexilla

Tras 8 meses de traballo, esta mañá presentouse na sede do CIMA, unha ferramenta capaz de estudar a poboación de mexilla nas nosas costas

G24.gal 18/10/2023 14:53

O Proxecto Mexilla foi unha iniciativa do Centro de Investigacións Marítimas de Galicia co propósito de analizar as poboacións de sementes de mexillón e as especies coas que cohabita.

A solución estaba no uso de drons, que voando a 15 metros de altura van tomando imaxes das zonas de rocha no momento das mareas. "Esas imaxes, serán analizadas despois con Intelixencia Artificial para achegar datos", di Carlos Gavín, director do CIMA

Con esa análise pódese diferenciar mexilla, de alga, percebe ou rocha viva e calcular a extensión e o peso da mexilla dispoñible. "É moi importante para que os bateeiros saiban canta mexilla hai e cando a poden recoller, asegura, Carlos Fernández de la Peña, conselleiro delegado de Telespazio Ibérica. 

Para os bateeiros é unha ferramenta moi útil e podería ser a solución ao seu conflito cos percebeiros. "Achegará datos reais da situación para saber en que pedra hai mexilla e o mellor momento para collela", afirma Juan Carlos Juncal Piñeiro, presidente da Asociación de bateeiros de San Amaro de Vilanova de Arousa

En primavera comeza a fase operacional deste proxecto pioneiro que axudará á Xunta a regular a colleita de mexilla con datos obxectivos e fiables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade