Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pub de Pontevedra automatiza a venda de entradas con tarxeta

Un pub de Pontevedra automatiza a venda de entradas con tarxeta

Buscan minimizar o uso de cartos en efectivo

Os donos din que o sistema axuda a controlar o número de persoas no local

G24.gal 11/11/2021 20:01

A nova máquina está instalada á porta do pub. O cliente pode escoller cantas consumicións quere coa súa entrada e pagar coa tarxeta, co móbil ou co reloxo. Recibirá un tícket que se entregará na barra. A idea e limitar o movemento de cartos en efectivo.

Na entrada seguirá unha persoa controlando os certificados covid e mesmo para algún pago en efectivo, se fose preciso. Esta medida vense sumar ao semáforo coa capacidade do local, que hai na porta, e aos medidores de CO₂. O sistema de barra continuará coma sempre.

O dono do pub, Iván Parada González, explica que despois da pandemia mudaron os hábitos de pago dos clientes. Agora, o 85 % das consumicións abónanse con medios electrónicos. 

Na aposta pola tecnoloxía segura, tamén instalaron unha pantalla led na barra para lembrar as medidas de seguridade ou indicar os prezos das consumicións, evitando as cartas tradicionais de papel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar