Cargando resultados...
Un raio estraga o campanario dunha igrexa de Abegondo
Un raio estraga o campanario dunha igrexa de Abegondo
As pedras de canteira chegaron a uns trinta metros de distancia
G24.gal
15/07/2022 14:56
Última actualización 15/07/2022 15:15
Visiblemente danado quedou o campanario da igrexa de San Martiño de Orto, en Abegondo, do ano 1617, onde impactou o raio.
Porén o diácono, o alcalde e mais os técnicos din que a sorpresa a levaron cando accederon ao interior. A instalación eléctrica quedou totalmente queimada. Pero, por sorte, nin o altar nin as imaxes quedaron afectadas.
A forte treboada deixou tamén danos en vivendas e o susto entre os veciños.
Agora o templo, onde esta fin de semana se ían celebrar as festas de Santa Margarida, permanece precintado para evitar incidencias.