Un sorteo especial do Euromillóns deixa no Pereiro de Aguiar un millón de euros
Un sorteo especial do Euromillóns deixa no Pereiro de Aguiar un millón de euros
O boleto foi vendido nunha gasolineira do polígono empresarial deste concello ourensán
Teñen de clientes moitos traballadores do polígono, pero tamén veciños do municipio e xente de paso
A sorte volve deixar pegada en Galicia grazas a un sorteo especial do Euromillóns. Premio importante no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, un cliente dunha gasolineira do polígono empresarial mercou o boleto premiado cun millón de euros.
Son moitos os clientes que estes días se achegan á gasolineira coa esperanza de ser o novo millonario. A calquera lle cae ben un millón de euros pero máis se os necesita. Os propietarios da gasolineira quedaron felices cando os chamaron da delegación de Loterías e Apostas do Estado en Ourense para comunicarlles a boa nova.
O millón é un sorteo especial do Euromillóns que hai os martes e venres e é a primeira vez que toca na provincia de Ourense. Os empregados da gasolineira están encantados de despachar calquera deles o premio.
Hoxe alí todos soñan con ese millón de euros. A fortuna repártea esta gasolineira do polígono empresarial do Pereiro de Aguiar que dous matrimonios novos mercaron recentemente e xa repartiron dous premios.
Emocionados de repartir tantos cartos e coa esperanza de que a sorte os siga roldando.