Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un xefe da Garda Civil de Buitrago pola desaparición dun camión con tabaco

Deteñen un xefe da Garda Civil de Buitrago pola desaparición dun camión con tabaco

O camión coa mercadoría de contrabando estaría valorado en case dous millóns de euros

G24.gal 06/05/2023 21:12 Última actualización 06/05/2023 21:35

Un tenente da Garda Civil foi detido tras a desaparición dun camión cargado con tabaco de contrabando.  Sucedeu na localidade madrileña de Buitrago de Lozoya.

O vehículo, valorado en preto de dous millóns de euros, sufriu un accidente de tráfico tras o que se informou de que "ardera completamente", pero puido non ser así, xa que, supostamente, levaron o tabaco do seu interior. O xefe do destacamento de Tráfico está detido e varios axentes máis son investigados, acusados de presunto contrabando e falsidade documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade