Cargando resultados...
Un tremor de magnitude 6,2 na China deixa 127 mortos e 700 feridos
Un tremor de magnitude 6,2 na China deixa 127 mortos e 700 feridos
A vaga de frío extrema con temperaturas de ata -14 graos pode dificultar as tarefas de rescate
G24.gal
19/12/2023 21:33
Última actualización 19/12/2023 22:16
Un tremor de magnitude 6,2 deixa polo menos 127 mortos e máis de 700 feridos no noroeste da China. Como consecuencia do sismo, moitos edificios e infraestruturas sufriron graves danos provocando cortes de auga e electricidade ademais de bloquear estradas.
Isto acontece no medio dunha vaga de frío extrema que deixa temperaturas de ata -14 graos, o que pode dificultar seriamente as tarefas de rescate, especialmente nas rexións de montaña.