Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Ames busca servizos de prostitución na Rede e acaba sendo estafado

Un veciño de Ames busca servizos de prostitución na Rede e acaba sendo estafado

Catro homes están sendo investigados por extorsionar o veciño de Ames, do que conseguiron case 5.000 euros

G24.gal 29/09/2023 12:08

A unidade da Garda Civil de prevención e resposta en materia de ciberdelincuencia investigou catro persoas por pertenza a grupo criminal e por varios delitos de extorsión a un veciño de Ames que solicitaba servizos de prostitución a través de Internet e ao que estafou case 5.000 euros.

A operación iniciouse a principio de ano, cando un veciño de Ames acudiu a dependencias oficiais da Garda Civil para denunciar que estaba a ser ameazado e extorsionado con chamadas e mensaxes no seu teléfono móbil, segundo indica o corpo armado nun comunicado.

A vítima manifestou que buscou varios servizos de carácter sexual por Internet e que pasados uns días recibiu no seu teléfono móbil unha mensaxe onde lle indicaban que estivera falando con mulleres de compañía, “fixéranlle perder o tempo ao non acudir á cita e que non ían tolerar esa falta de respecto”, polo que lle pedían que abonase a cantidade de 5.000 euros e que de non facer efectiva a entrega presentaríanse no seu domicilio e lugar de traballo, “ameazándoo con pegarlle unha malleira e esnaquizarlle a vida”.

Por temor a que esas ameazas se cumprisen, explicou, realizara diversos pagos por valor de 4.900 euros.

O equipo da benemérita do Milladoiro iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores dos feitos, procedendo á localización e investigación de catro persoas. Dous delas residentes en Valencia e as outras dúas, en Zaragoza, todos eles con múltiples antecedentes policiais por feitos similares.

Os investigados cometían a coñecida estafa do sicario, ameazando e esixindo diñeiro a cambio de non enviar un sicario aos domicilios das vítimas que solicitaban servizos sexuais a través de Internet.

As dilixencias instruídas por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Garda de Santiago de Compostela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade