Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño denuncia que o Concello de Vigo non limpa a maleza do camiño da súa casa

Un veciño denuncia que o Concello de Vigo non limpa a maleza do camiño da súa casa

Contan que tiveron que modificar a entrada da súa vivenda para poder entrar no garaxe

Tras enviar unha chea de queixas ao concello de Vigo durante máis dunha década, solicitan unha solución canto antes

Camiño con maleza
G24.gal 23/08/2024 19:15 Última actualización 23/08/2024 20:06

A entrada principal dunha vivenda en Bembrive, concretamente na contorna do Camiño dos Lagos na parroquia de Segade, está chea de maleza. Isto impide que os propietarios da casa poidan acceder á vivenda polo camiño legal dende hai moitos anos.

Álvaro Soto e a súa muller aseguran que contactaron co Concello de Vigo, o encargado de limpar ese camiño, por todas as vías pero sen que haxa solución ata o de agora.

Despois de enviar unha chea de peticións e queixas ao Concello de Vigo durante máis dunha década, e mesmo de levar o caso ao Valedor do Cidadán, aseguran estar desesperados ante un problema que, pensan, é doado de amañar.

No 2012 a empresa encargada dos contadores da auga non puido facer o seu traballo debido á abundante maleza como consta neste escrito. E contan que mesmo tiveron que modificar a entrada da súa vivenda para poder entrar no garaxe sen pasar por este acceso orixinal da propiedade.

Por todos estes inconvenientes, seguen solicitando ao consistorio vigués que mire polo seu caso e lles dea unha solución canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade