Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un vigués, único sospeitoso dunha ciberestafa con 300 afectados

Un vigués, único sospeitoso dunha ciberestafa con 300 afectados

O home utilizaba as súas vítimas para roubarlles os seus datos sen o seu consentimento e abrir contas bancarias coas que poder operar

G24.gal 21/10/2024 14:18

Facíase con fotos e datos persoais das vítimas a través da Rede e con esa documentación abría contas bancarias co obxectivo de facer operacións e investimentos sen apenas deixar rastro.

"Eu entendo que a apertura de contas online é un problema que os bancos teñen que solucionar porque simplemente piden envío dunha serie de documentación. Hoxe en día é moi fácil acceder a dnis ou fotos que atopamos nas redes", di Enrique Fonteboa, avogado especialista nas ciberestafas.

O único sospeitoso destes feitos supostamente estafou a unhas 300 persoas en toda España.

"De feito o cibercrime move dende hai uns anos máis diñeiro que o tráfico de drogas. Entón, para que nos fagamos unha idea, este tipo de estafas non están feitas por persoas que se aburren", afirma Antonio Fernandez, experto en ciberseguridade. 

Este vigués investía o seu botín en bolsa e obtiña os cartos solicitando préstamos en liña e facendo investimentos legais. O xulgado número un de Vigo leva esta investigación. Algo máis de trinta tomos con moitas vítimas, o que deriva en investigacións longas e tediosas.

"Recompilar toda a información xa por parte da policía require un tempo moi elevado, despois darlle traslado ao xulgado e o xulgado tópase con 300 afectados que hai notificarlles, que hai que darlles traslado", lamenta Enrique Fonteboa.

Os últimos datos do Ministerio do Interior corresponden aos seis primeiros meses deste ano e falan dun aumento do 6,7 % dos ciberdelitos. Para os expertos en ciberseguridade calquera precaución é pouca na Rede. Sobre todo, porque todos podemos ser vítimas e porque poñerllo máis difícil pode evitar ser branco fácil. 

"Os contrasinais adecuados, un xestor de contrasinais, utilizar o dobre factor de autenticidade e utilizar por exemplo antivirus en todos os dispositivos, tanto PC como móbiles", recomenda Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade