Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xabaril pasea pola Alameda de Pontevedra

Un xabaril pasea pola Alameda de Pontevedra

Imaxe cedido por 'Diario de Pontevedra' Imaxe cedido por 'Diario de Pontevedra'
G24.gal 28/02/2025 13:41

Un viandante gravou a singular escena de madrugada. Un exemplar de xabaril pasea tranquilo pola alameda de Pontevedra, cruza a rúa Echegaray e marcha en dirección á ponte da Barca. Non é a primeira vez que se ven porcos bravos na vila do Lérez. A comezos de mes gravaron outro na zona de Monte Porreiro, pero sorprende que nesta ocasión chegara ao centro, como explica Francisco Couselo, presidente da Real Federación Galega de Caza en Pontevedra.

O vídeo fíxose viral e, malia que resulte exótica a imaxe, aos pontevedreses non lles fai graza a idea de poder dar cun porco bravo pola rúa. O que teñen claro é o que farían: correr ou dar a volta paseniño. Iso é precisamente o que recomendan os expertos: non achegarse nunca a un xabaril e menos a unha femia con crías porque poden sentirse atacados e son moi perigosos.

Estímase que en Galicia hai uns 20.000 exemplares de xabaril. Na primavera comeza a época de cría, co que esta poboación vai multiplicarse. Para controlala, a Xunta acaba de aprobar un novo protocolo que axiliza os permisos para realizar batidas onde se denuncien danos provocados polo porco bravo.

 Tamén se deixou ver outra manda de cinco xabarís na praia de Panxón, en Nigrán. Un adulto e catro crías percorreron o areal e tamén as rúas da vila. Os xabarís non causaron ningún contratempo, pero si espertaron certa preocupación nalgúns veciños que viviron a escena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade