Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xulgado de Pontevedra anula unha multa porque non había dúas fotos diferentes da infracción

Un xulgado de Pontevedra anula unha multa porque non había dúas fotos diferentes da infracción

Á condutora sancionada chegáranlle dúas fotos, pero era a mesma imaxe en diferente tamaño

G24.gal 02/05/2023 16:38

Un radar fixo da AP-9 detectou o vehículo da condutora a 109 quilómetros por hora nunha zona limitada a 100. Cen euros de multa sen retirada de puntos. A muller recorreu ante a DXT, que non atendeu a súa alegación. Daquela buscou amparo no xulgado e gañou. O xuíz anula a multa porque a sanción que lle chegou tiña dúas imaxes, pero son da mesma foto con distinto tamaño.  

O xulgado de Pontevedra segue a doutrina que veñen aplicando outras instancias xudiciais. A diferenza dos móbiles, no caso dos radares fixos, a lei esixe unha segunda fotografía realizada nun instante distinto sobre a que teñen que figurar os mesmos datos que na primeira.

O feito de seren contías non moi altas fai que moitos condutores non recorran as multas, e Tráfico tampouco modificou ata agora o sistema, xa que o número de anulacións é aínda reducido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade