Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unai Núñez: "Creo que podemos loitar por cousas importantes"

Unai Núñez: "Creo que podemos loitar por cousas importantes"

Aposta pola vitoria no campo do Atlético de Madrid, un estadio que motiva

O novo central do Celta aséntase nunha defensa que leva dous partidos mantendo a porta a cero

Unai Núñez chegou este verán ao Celta cedido polo Athletic Club
G24.gal 06/09/2022 20:57 Última actualización 06/09/2022 21:51

Dúas vitorias seguidas e mantendo a porta a cero. A defensa do Celta aséntase coa súa nova peza, o central Unai Núñez. "Temos que seguir nesa liña. É bo para os defensas e é bo para o Celta".

Ten confianza e boas sensacións para pensar en obxectivos ambiciosos: "Se facemos bos adestramentos e bos partidos os resultados chegarán tamén e o club acabará nunha posición alta. Creo que hai posibilidades de loitar por cousas importantes".

O mellor test é o calendario que vén: Atlético de Madrid, Valencia, Betis, Barcelona e Real Sociedade. Núñez ten clara a idea coa que ir ó Metropolitano: "A idea é gañar. Porque é un rival bonito de gañar e porque é un estadio bonito e que nos motiva".

E engadiu: "Veñen partidos complicados, pero os demais tamén pensarán o mesmo. Somos un equipo que xogamos ben, somos intensos, somos pesados, por así dicilo".

O biscaíño, de avoa galega, marcoulle ó Celta o seu primeiro gol en Primeira. Está desexando facelo en Vigo: "Estiven a puntiño contra o Cádiz", lembrou.

Unai Núñez é a nova parella de baile de Aidoo. A cordura no centro da defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade