Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unai Sordo (CC OO): "Hai marxe para reducir por lei a xornada laboral"

Unai Sordo (CC OO): "Hai marxe para reducir por lei a xornada laboral"

O secretario xeral de CC OO avoga por "explorar un acordo coa CEOE"

Sordo acudiu esta sábado á entrega dos Premios 10 de Marzo, en Compostela

G24.gal 02/03/2024 13:57 Última actualización 02/03/2024 14:30

A Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia entregaron este sábado en Compostela os Premios 10 de Marzo cos que cada ano se destacan traxectorias comprometidas coa loita polas liberdades e dereitos da clase traballadora.

Nesta edición foron galardoados Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO de Galicia entre os anos 2009 e 2017; María Dolores Fernández Galiño, designada Valedora do Pobo de Galicia no ano 2019 e José Antonio Uris Guisantes, activista sindical, divulgador e colaborador con asociacións de carácter cultural, político e de memoria.

Este acto contou coa presenza do secretario xeral de CC OO. Unai Sordo destacou ante os medios de comunicación que por primeira vez en España estase "incrementando" a produtividade no traballo, "á vez", segundo dixo, que "medra o emprego" e avogou por un acordo entre Goberno, sindicatos e patronal para reducir a xornada laboral.

"Hai marxe para reducir por lei a xornada laboral e hai que explorar un acordo coa CEOE para tratar de reducir a xornada laboral. Estamos en disposición desa negociación, cremos que hai tempo para abordala. Temos uns meses por diante pero antes ou despois a xornada laboral ten que baixar desas 40 horas que leva instalada desde o ano que se implantou o Estatuto dos Traballadores", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade